Coeducación: unha mirada dende os coidados

Organiza InteRed Galicia Data inicio 22/04/2019 - Data fin 25/05/2019 Límite inscrición 09/04/2019 Modalidade online Prezo De balde / 20 euros Ver programa

A ONGD InteRed Galicia organiza o curso online “Coeducación: unha mirada dende os coidados” de 50 horas de duración. Os obxectivos do curso son:

  • Cuestionar a sustentabilidade do modelo de desenvolvemento dominante, desvelando a centralidade dada ao mercado e á invisibilidade dos traballos de coidados
  • Analizar en profundidade o significado e o valor do traballo de coidados para a sustentabilidade da vida.
  • Capacitarse para desenvolver propostas educativas que fomenten o desenvolvemento persoal e o benestar subxectivo como a equidade entre mulleres e homes.

O curso levarase a cabo do 22 de abril ao 24 de maio. Neste enlace>>> podedes consultar o programa. As inscrición poderán facerse neste outro enlace>>> antes do 9 de abril.