Campamento de Activismo de Greenpeace

Organiza Greenpeace Galicia Data inicio 12/11/2021 - Data fin 14/11/2021 Límite inscrición 25/10/2021 Modalidade Presencial Prezo de balde Ver programa

Nos días nos que terminará o Cume polo Clima, Greenpeace organiza 5 campamentos de activismo en todo o Estado español: Galicia (zona da Coruña), Madrid (Sur-Oeste), Málaga (Este), Navarra (zona da Sakana-Barranca) e Valencia (preto da cidade). Unha actividades enmarcada na Escola de Activismo que a organización puxo en marcha.

Será do 12 ao 14 de novembro e todos os campamentos terán dous itinerarios formativos (de 6 horas cada un), polos que pasarán todas as participantes, e dous talleres abertos nos que se tratarán cuestións coma a Acción Directa Nonviolenta, legalidade da protesta e represión, comunicación transformadora, ciberseguridade….

Neste enlace>>> atoparedes toda a información. As inscricións estarán abertas ata o 25 de outubro.

A Escola de Activismo cobre os gastos de manutención (aloxamento e comida), así como as formacións. O desprazamento ata o lugar do campamento corre a conta das persoas participantes.