Intered organiza o obradoiro “Accións directas non violentas dende o rural: prácticas de referencia para fomentar a participación social”

A formación terá lugar o próximo 4 de febreiro de 10h a 14h e de 16h a 20h no Centro Sociocultural do Casco Histórico de Santiago de Compostela (Praza de Salvador Parga, 4)

Nesta formación aprenderase como as accións directas non violentas atravesan a tradición e as culturas rurais chegando aos nosos días en forma de “patrimonio inmaterial” ou, incluso, desaparecendo como anécdotas. Os cantos da seitura como forma de resistencia das labregas e de coidados colectivos, os contos de sabedoría dos fiadeiros, ou as distintas formas de loita polo dereito á terra e á auga.
O gran relato da historia agocha, tamén nos exemplos de loita e desobediencia civil, o que os pobos e as accións humildes do cotiá contribuíron á transformación das sociedades e á loita polos dereitos.
A cuestión sobre a que se traballará é: de que maneira estes exemplos se poden trasladar ao traballo cotiá coa mocidade?
As persoas destinatarias desta formación serán profesionais do ámbito social e da educación “non formal”, así coma, calquera outra persoa que traballe con grupos de mocidade.

 

Inscríbete aquí!

Consulta máis información: galicia@intered.org | 693537279