Recursos para que os feminismos estean no centro das ONGD

As Coordinadoras de ONGD están a crear ferramentas para poñer os coidados e a vida no núcleo das organizacións sociais

En 2019 están culminando procesos de reflexión de distintas Coordinadoras de ONGD sobre como incorporar os feminismos no interno das organizacións de cooperación ao desenvolvemento: como poñer a vida no centro. Están sendo procesos diversos que buscan detectar e facer visibles as desigualdades estruturais de xénero nas ONGD e aplicar a ética dos coidados e as prácticas feministas para fomentar cambios organizacionais.

A última década, os grupos de xénero das distintas Coordinadoras Autonómicas de ONGD foron evolucionando nos seus obxectivos de traballo. A maioría, pasaron de centrar os esforzos en conseguir políticas públicas de cooperación con enfoque de xénero (e, como consecuencia, proxectos de cooperación con esa perspectiva) a traballar para promover organizacións de cooperación ao desenvolvemento que poñan a vida e os feminismos no centro.

A continuación ofrecemos información dos últimos informes, traballos e procesos reflexivos que os últimos meses levaron a cabo algunhas Coordinadoras de ONGD neste sentido:

O traballo das ONGD galegas no mundo. Neste informe>>> elaborado pola Coordinadora Galega de ONGD se recollen datos que visibilizan como as mulleres son imprescindibles para o funcionamento das organizacións: representan a meirande parte das persoas socias (60 %), voluntarias (68 %) e traballadoras (72 %). Aínda así, a gran feminización do sector -un feito que pode relacionarse cos roles reprodutivos e de coidados asumidos tradicionalmente polas mulleres- non se ve reflectida nos postos de dirección: só a metade das presidencias e postos de máxima representación están ocupados por mulleres, unha proporción maior que noutros sectores pero que está por debaixo do peso real que elas teñen nas ONGD.

Guía de autodiagnóstico para introducir a perspectiva feminista e a ética dos coidados. A Fede.cat, formada per 117 organizacións de Desenvolvemento, de Dereitos Humanos e defensa da Paz de Catalunya, ven de poñer en marcha a web ‘Perspectiva feminista y ética del cuidado – Guía de autodiagnóstico para organizaciones sociales. Como o seu nome indica, trátase dunha guía de que invita ás organizacións a revisarse internamente en clave feminista y de cuidados.

Transformación feminista nas ONGD. Desde a Red de ONGD de Madrid, logo dun proceso de reflexión interno acompañado por persoas expertas, elaboraron esta publicación>>> coa idea de ofrecer un recurso accesible para reflexionar sobre a imprescindible transformación feminista no sector das ONGD.

Protocolo de prevención ante casos de acoso sexual e por razón de sexo no sector da cooperación. Na Coordinadora de ONGD de Euskadi organizaron a finais de 2018 unhas xornadas específicas sobre esta cuestión co obxectivos de coñecer como se están a elaborar protocolos sobre acoso sexual no ámbito da cooperación ao desenvolvemento e avanzar así nos criterios para a aprobación dun protocolo sobre esta cuestión na propia Coordinadora. Neste enlace>>> podedes acceder aos vídeos das poñencias.

Política de xénero da Coordinadora Estatal de ONGD. Na última asemblea xeral da entidade aprobouse o Marco Estratéxico, unha folla de ruta que marcará os pasos da organización dos próximos tres anos, e no que se aprobou tamén a política de xénero. Unha ferramenta de traballo que axudará a incorporar o enfoque de xénero nos procedementos internos e externos das Coordinadora. Aquí>>> atoparedes toda a información.