Volve a Mostra!

A Mostra do Posible volve a poñerse en marcha. Os días 6 e 7 de outubro, Cangas acollerá a segunda edición deste encontro de entidades da economía social e solidaria, movementos sociais e ONG que busca visibilizar a existencia de alternativas para construír un mundo máis xusto, crear vínculos entre os diversos colectivos participantes e, especificamente, avanzar na construción dun Mercado Social Galego.

O programa, aínda por pechar, contará cos seguintes espazos:

  • Feira de colectivos. Espazo dirixido a entidades da economía social e solidaria e movementos sociais interesados en situar un posto informativo ou comercial
  • Espazo das iniciativas rurais. Espazo diferenciado para visibilizar iniciativas xurdidas no rural que comparten valores de transformación social
  • Actividades. Voltarán a organizarse obradoiros, palestras, charlas, presentacións… con especial atención á creación de vínculos e sinerxias entre colectivos e organizacións.

As organizacións e colectivos que teñan interese en participar nalgún destes espazo, poden escribir a mostradoposible@gmail.com antes do 3 de setembro. Animádevos!