Guía para o autodiagnóstico de xénero nas ONGD

La Fede.cat, formada per 117 organizacións de Desenvolvemento, de Dereitos Humanos e defensa da Paz, ven de poñer en marcha a web Perspectiva feminista y ética del cuidado – Guía de autodiagnóstico para organizaciones sociales. Como o seu nome indica, trátase dunha guía que invita ás organizacións a revisarse internamente en clave feminista y de cuidados.

A Guía é froito do proceso de traballo ‘Sementando coidados para cultivar cambios’ (Sembrant cures per cultivar canvis) no que a Lafede.cat ten estado inmersa os dous últimos anos. No marco deste proceso realizáronse entrevistas, enquisas e obradoiros co obxectivo de definir eixes de traballo e ferramentas para ir defendéndoas.

O eixe feminista converteuse para a Lafede.cat nunha liña prioritaria de traballo que está a abordar desde diferentes frontes. A Guía é unha invitación a iniciar unha viaxe de revisión das estruturas das ONGD, órganos de goberno, cultura institucional, etc. cos lentes dos coidados e feministas. Coa Guía, quérese contribuír a iniciar ese camiño, conscientes de que é longo e complexo, e que este documento só é un incentivo para empezar.

Dende a Coordinadora Galega de ONGD sumámonos a difundir este traballo para promover tamén a revisión das organizacións galegas.