Recursos de educación para a cidadanía global

As ONG de Desenvolvemento (ONGD) queremos pasar estes días preto de ti. Porque o mundo de hoxe en día é máis global que nunca e xuntas podemos xerar unha cidadanía solidaria e activa.

No noso día a día, e máis nesta situación de crise sanitaria global pola COVID-19, as ONGD sentimos corresponsables nesta tarefa de educar para transformar.

É por isto que propoñemos esta recompilación de recursos e actividades (e en diferentes formatos) de Educación para a Cidadanía Global para que poidades facer en casa, gozar e divertirvos durante estes días de semi confinamento no que todas estamos contendo a pandemia e achegando o noso gran de area.

1. Se es de mandar as cousas por WhatsApp. Recomendámosche que uses este sinxelo PDF para pasar aos teus grupos de WhatsApp. Inclúe xogos, películas, curtos, teatro, e outras actividades para facer en familia nestes días de vacacións. Descargar aquí>>>

2. Para as persoas máis organizadas. Dejamos aquí un calendario de actividades. Imposible aburrirse con tanta cosa para facer! Descargar aquí>>>

3. Actividades para coidar a Terra (contos, xogos, audiovisuais…). Ver aquí>>>

4. As cousas en pequenas doses. Unha selección de 3 actividades para facer en familia. Descargar aquí>>>

Fonte: Coordinadora estatal de ONGD