Datos que deixa 2019

Sobre Dereitos Humanos, violencia de xénero, crisis climática e distintos temas que as ONGD traballamos xunto a outras organizacións socias dos países do Sur.

  • 321 defensores e defensoras de dereitos humanos foron asasinadas en 2018. É a cifra máis alta  rexistrada e foi feita público en xaneiro de 2019 por Front Line Defenders. Máis de tres cuartas partes das activistas asasinadas defendían os dereitos dos pobos indíxenas, da terra e do medio ante as industrias extractivas apoiadas polos Estados.

 

  • 140 expedientes de asilo pendentes de resolución no Estado español, en febreiro de 2019. CEAR denunciou que o sistema de asilo español atópase nunha situación de colapso.

 

  • 26 millóns de persoas son obrigadas a vivir en situación de pobreza cada ano por mor dos desastres naturais extremos.

 

  • 200.000 mortes provocadas por desastres naturais nos próximos 20 anos poderían evitarse coa universalización da educación secundaria ata 2030. Segundo a Campaña Mundial pola Educación, se o progreso educativo se estanca, o número de vítimas de desastres naturais podería incrementarse un 20% na próxima década.

 

  • 111 países sufriron graves recortes dos dereitos civís e políticos. En maio presentouse o informe de Civicus no que se denuncia que tan só o 4% da poboación mundial vive en países nos que as libertadas fundamentais da sociedade civil – as de asociación, reunión pacífica e expresión – son respectadas. No Estado español, o espazo cívico  considérase “estreito” debido á Lei mordaza.

 

  • 50% da súa colleita para o arrendador. As mulleres campesiñas de Honduras están obrigadas a entregar a metade da súa colleita ao propietario das terras. En xuño Inspiraction presentaba un informe no que denunciaba a situación de desigualdade na que se atopas as mulleres no Corredor Seco Centroamericano.

 

  • 865 armas nucleares. A principios de 2019, nove Estados –Rusia, Reino Unido, Francia, Estados Unidos, China, India, Paquistán, Israel e Corea do Norte– contaban con ese número de armas. A pesar de que supón un descenso respecto a as que tiñan un ano antes, o Stockholm International Peace Research Institute e FundiPau destacaban en xuño de 2019 como moitos países están a despregar novos sistemas armamentísticos ou anunciando a súa intención de facelo.

 

  • 1.020 persoas perderon a vida no Mediterráneo en 2018. A ONG Camiñando Fronteiras presentou en xuño de 2019 o seu informe Vida na Necrofrontera no que denuncian os férreos controis nas fronteiras. No primeiro cuadrimestre de 2019 contabilizaron, polo menos, 816 persoas desaparecidas.

 

  • 237 millóns de euros entre 2002 e 2018 para a implementación do Sistema Integrado de Vixilancia Exterior; coa participación de empresas como Indra, Ferrovial, Atos ou O Corte Inglés. O Centro Delàs de Estudos pola Paz e Novact publicaban o informe La espiral de violencia de la España fortaleza‘ no que diseccionan o custo da militarización das fronteiras.

 

 

  • 226 ataques a persoal humanitario. Esta cifra, de 2018, foi feita público polo Aid Worker Security Report de USAID. Do total de vítimas, 131 persoas resultaron mortas e 130 secuestradas.

 

  • 500 millóns de persoas viven en zonas afectadas pola desertificación. O Panel Internacional sobre Cambio Climático presentou, en agosto, o informe El cambio climático y la tierra no que deixa clara a unión entre cambio climático e desprazamento humano.

 

  • 77,8 millóns de euros en produtos do comercio xusto. Segundo datos da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto, as vendas aumentaron ata alcanzar esta cifra. A pesar do aumento, o gasto medio anual por persoa está no penúltimo posto de Europa.

 

  • O 70% da poboación que vive en situación de pobreza no mundo son mulleres e nenas. En setembro, Intered lembraba que esta situación está directamente relacionada coa discriminación de xénero.

 

  • 14% dos alimentos do mundo pérdense antes de chegar ao nivel comerciante polo miúdo. A FAO denunciaba en outubro no Informe SOFA 2019 o desperdicio da comida.

 

  • 0,18% da RNB en 2018 para cooperación. Isto é o que, segundo o informe AidWatch de CONCORD, destina l Estado español a esta política pública. Ao ritmo actual, Europa cumprirá co seu compromiso de destinar o 0,7% a cooperación en 2061.

 

  • 10% máis rico do planeta é responsable do 50% das emisións de CO2 asociadas ao consumo. No marco da COP25, Oxfam Intermón lembrábanos que unha pequena elite é 60 veces máis responsable das emisións que o 10% máis pobre.

 

  • 3º C máis son os que alcanzaremos se non se toman medidas urxentes. Acabada a COP25, Amigos da Terra facía unha valoración moi critica do acordo alcanzado, que califica como insuficiente e sen perspectivas de mellora dos compromisos de redución de emisións. Queda moito traballo por diante ata a COP26 e moi pouco tempo para actuar.

 

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Foto: Marta Isabel González