XII Edición del Premio Nacional de Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer

Convoca Axencia Española de Cooperación Fin de prazo 17/09/2022 Ler convocatoria

A Axencia Española de Cooperación convoca a XII Edición do Premio Nacional de Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer

A presentación de solicitudes remata o día 17 de setembro de 2022 ás 14:00 horas

O mércores 29 de xuño publicouse no BOE o Extracto da Resolución da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), pola que se convoca a décimo segunda edición do Premio Nacional de Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer en centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ano 2022.
O obxecto da Resolución é convocar para o ano 2022 a décimo segunda edición do Premio Nacional de Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer destinados a aqueles centros educativos que, durante os cursos 2020-2021 e 2021-2022 desenvolveran accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinadas a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecuención dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa Axenda 2030, a erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible.
Outorgaranse ata un total de 15 premios que se repartirán entre os distintos niveis educativos e, en caso de resultar premiadas agrupacións de centros, outorgarase un premio por cada un dos centros que as integran.
Ademais, un máximo de dous docentes responsables de cada experiencia educativa premiada participará nun Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento que se celebrará do 12 ao 16 de decembro na sede do CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental), en Valsaín, Segovia. O Seminario terá unha duración de 40 horas lectivas, as cales serán recoñecidas como créditos de formación polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.