A Agencia Española de Cooperación al Desarrollo (AECID) convocou a X Edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer. O premio está destinado a centros educativos que durante o curso 2017/2018 teñan desenvolvido accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinadas a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espíritu crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas.

O prazo de presentación de candidaturas rematará o 5 de setembro ás 14 horas.

Neste enlace>>> podedes acceder ao texto da convocatoria.