VII Convocatoria de Accións de EpD, Sensibilización e Participación Social

Convoca Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (UDC) Fin de prazo 30/09/2020 Ler convocatoria

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña (UDC) publica a convocatoria de accións de educación para o desenvolvemento, sensibilización e participación social co obxectivo de apoiar aquelas actividades da comunidade universitaria cuxos fins sexan os seguintes:

  • Fomentar os valores da cidadanía global e promover un novo modelo humano activamente comprometido na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Organización das Nacións Unidas (ONU).
  • Valorar e respectar a diversidade cultural e promover a interculturalidade.
    Impulsar o consumo responsable.
  • Comprometerse coa erradicación da pobreza e as desigualdades.
  • Defender os dereitos humanos individuais e sociais, alén da igualdade de xénero.
  • Favorecer o coñecemento da Axenda 2030, adoptada pola ONU, promovendo a participación social comprometida e corresponsable da comunidade universitaria da UDC.

Dentro desta convocatoria poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:

  • Charlas, xornadas, conferencias, cursos, obradoiros, exposicións etc. relacionadas coa comunicación e a educación para o desenvolvemento.
  • Actividades para a sensibilización da comunidade universitaria no tocante aos dereitos humanos, a xustiza social e a participación cidadá, con especial atención á Axenda 2030
  • A publicación de materiais relacionados coas temáticas da convocatoria.
  • Outras accións que cumpran cos obxectivos desta convocatoria.

Esta convocatoria diríxese ao PDI con dedicación a tempo completo, o PAS, o estudantado
matriculado nas titulacións oficiais que se imparten nos centros propios da UDC e as demais
persoas vinculadas á UDC, sempre e cando non teñan incompatibilidade para participar
nesta convocatoria.

Neste enlace>>> atoparedes o texto completo da convocatoria que pecha o 30 de setembro.