Subvencións para proxectos no ámbito da axuda ao desenvolvemento

Convoca Deputación da Coruña Fin de prazo 13/03/2020 Ler convocatoria

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións por parte da Deputación da Coruña, en réxime de concorrencia competitiva, para financiar gastos corrente (capítulo IV)>>> e de investimento (capítulo VII)>>> en proxectos no ámbito da axuda ao desenvolvemento (cooperación internacional, axuda humanitaria, sensibilización, educación para o desenvolvemento, comercio xusto…) que se realicen en 2020 por parte de entidades sen ánimo de lucro.

O prazo para presentar candidaturas remata o 12 de marzo ás 14 horas.