As axudas establecidas nesta orde forman parte da actividade de fomento da economía social despregada pola Xunta de Galicia e pretenden incentivar a realización de actividades de promoción e formación, por parte de entidades que se incorporaron á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social. Deste xeito promóvese a efectiva participación nesta rede das entidades adheridas.

Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde, as asociacións de entidades de economía social; os concellos de Galicia; as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais; as cámaras de comercio; as universidades; as fundacións e asociacións; e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

O prazo para presentar propostas remata o 11 de marzo. Neste enlace>>> atoparedes o texto da convocatoria.