O Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 abríu a convocatoria de subvencións para proxectos e iniciativas que promovan e implementen a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.

A convocatoria está dirxida a ONGD e fundacións, entidades da economía social e universidades.

As actividades que poderán subvencionarse son:

  • Actividades que promovan accións de incidencia política e social para o impulso de políticas públicas e planificación estratéxica aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 e coa Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030.
  • Actuacións que promovan a xeración e implementación de proxectos pilotos e de boas prácticas que favorezan o cumprimento dos ODS da Axenda 2030, así como das prioridades de actuación da Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030.
  • Proxectos situados no marco da innovación social e a I+D+i que expoñan novas metodoloxías, escenarios e enfoques para avanzar no cumprimento da implementación da Axenda 2030 e que teñan como eixo vertebrador a investigación e o coñecemento.
  • Proxectos e actividades que promovan o traballo en rede e á xeración de alianzas multiactor inclusivas, en liña co ODS 17, sobre unha visión centrada nas persoas e o planeta, que teñan como obxectivo fortalecer e acelerar a implementación da Axenda 2030.
  • Iniciativas de comunicación e desenvolvemento de campañas transformadoras que xeren coñecemento e implicación da sociedade en xeral co impulso da Axenda 2030.

O prazo para presentar propostas remata o 8 de outubro (ver anuncio no BOE>>).

Aquí>>> atoparedes unha presentación explicativa.

O prazo máximo para executar cada proxecto ou iniciativa, será dun ano a partir da publicación da resolución de concesión correspondente.

Neste enlace>>> atoparedes o texto completo da convocatoria.