Premio Internacional ‘Navarra’ á solidariedade

Convoca Goberno de Navarra e Laboral Kutxa Fin de prazo 17/05/2019 Ler convocatoria

Un ano máis, o Goberno de Navarra e Laboral Kutxa convocan o Premio Internacional “Navarra” á solidariedade, co fin de promover, difundir e recoñecer o labor voluntario de persoas e entidades que destacan pola súa traxectoria no ámbito da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento e na loita a favor dos sectores sociais e países máis desfavorecidos. Este galardón recoñece, por tanto, o esforzo e o bo facer de quen, co seu compromiso e entrega, contribúe á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e á creación dun mundo máis xusto.

Poderán presentarse institucións públicas (Gobernos, Ministerios, Concellos, Universidades, Academias, Centros de Investigación, Embaixadas, consulados, etc.), entidades educativas, culturais, sociais, Organizacións Non Gobernamentais, etc. legalmente constituídas de calquera país. Tamén, personalidades ou representantes de entidades a quen convide a organización.

Neste enlace>>> podedes consultar as bases do premio. O prazo para presentar candidaturas remata o 17 de maio.