Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña

Convoca Médicos del Mundo Fin de prazo 06/10/2021 Ler convocatoria

Médicos de Mundo España convoca o 25º Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luís Valtueña, destinado a recoñecer e divulgar os mellores traballos fotográficos que de forma singular evidencien inequidades sociais, inxustizas e/ou abusos dos dereitos humanos, ou ben, as situacións que os propician ou os combaten.

Ao darlle a este premio o nome propio do fotógrafo e cooperante internacional Luís Valtueña, réndese homenaxe á súa memoria e á doutras tres persoas cooperantes da asociación que foron asasinadas en Ruanda (1997) e en Bosnia (1995) cando realizaban labores de acción humanitaria. Quérese tamén resaltar os valores humanos que representan.

As fotografías presentadas deberán narrar unha historia relacionada con algún destes temas: a saúde, os desastres naturais, a acción humanitaria, a cooperación internacional, a exclusión social, a vulneración dos dereitos humanos, os conflitos armados, os colectivos vulnerables, as poboacións refuxiadas e/ou poboacións migrantes.

A dotación do Premio é de 6.000 euros, unha cámara profesional modelo Leica Q2, valorada
en 5.120 euros, e un lote de 10 fotolibros editados pola Fábrica.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información. O prazo para presentarse remata o 6 de outubro.