III Concurso arredor dos ODS ‘Muros que unen’

Convoca Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Fin de prazo 02/11/2020 Ler convocatoria

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza o III Concurso de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ‘Muros que unen’. A loita contra a fame, o acceso á auga e mais a enerxía sustentable serán os temas centrais das obras, que calquera persoa ou colectivo pode presentar ata o 2 de novembro.

Con ‘Muros que unen’ búscase dar a coñecer, a través da arte urbana, as 17 metas globais fixadas polos Estados membros da ONU a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no marco da Axenda 2030.

Co fin de fomentar ademais o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas, a terceira edición de ‘Muros que unen’ centrarase en tres deses 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que os municipios deben contribuír a acadar.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.