II Premio Revbela de Comunicación e Investigación

Convoca Fundación Araguaney Fin de prazo 10/01/2019 Ler convocatoria

A Fundación Araguaney convoca o II Premio Revbela de Comunicación e Investigación para galardoar os mellores traballos sobre os conflitos activos e os riscos potenciais do século XXI para a seguridade humana, que fosen publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2018.

En Revbela e a Fundación Araguaney – Puente de Culturas entenden o proceso informativo veraz e rigoroso, unido á investigación académica de calidade, como elementos fundamentais para unha análise crítica do tratamento dos conflitos violentos que condicionan o devir humano e que, por tanto, esixen o posicionamento de todos.

Con esa premisa como punto de partida, establecen o II Premio Revbela de Comunicación e Investigación, con tres finalidades:

  • contribuír a un maior coñecemento destas inxustas situacións.
  • demandar a súa resolución da forma máis inmediata posible.
  • recoñecer publicamente o papel dos medios e os investigadores na sensibilización e a mobilización da cidadanía.

Neste enlace>>> atoparedes o texto da convocatoria.

O praza para presentar as candidaturas rematará o 10 de xaneiro de 2019.