I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

Convoca Coordinadora Galega de ONGD Fin de prazo 30/11/2020 Ler convocatoria

Dende a Coordinadora Galega de ONGD abrimos a convocatoria da primeira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global coa vontade de recoñecer experiencias que fomenten a participación activa da comunidade educativa na consecución dunha cidadanía solidaria, crítica e comprometida.

Nesta primeira edición premiaranse experiencias educativas, proxectos e propostas pedagóxicas realizadas durante os cursos escolares 2019-2020 e 2018-2019.

Poderanse presentar docentes ou equipos de docentes de centros de ensino galegos de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación, dos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de novembro de 2020 ás 23:59 horas. A solicitude deberá presentarse por correo electrónico no enderezo premiogalegoed@galiciasolidaria.org

A continuación atoparedes as bases do premio e os anexos necesarios para presentar as  candidaturas.

Podedes atopar máis información neste enlace>>>