A túa organización traballa con mocidade e conta con proxectos para frear a crise climática? Necesitades apoio económico para facer realidade a vosa idea?

A Fundación Ayuda en Acción convoca as subvencións 1 Planet4 All para impulsar proxectos de acción polo clima no Estado español dirixidos a mozos e mozas dentre 15 e 35 anos.

Neste enlace>> atopartedes toda a información. O prazo para enviar as candidaturas remata o 31 de xaneiro de 2022.