A Xunta do goberno de Lugo aprobou a convocatoria para proxectos de cooperación no exterior e de sensibilización social dentro do termo municipal de Lugo dirixida a ONGD.

Para proxectos de cooperación existe unha partida de 70.000 euros e financiarase proxectos que contribúan á cobertura de necesidades básicas: como educación, abastecemento ou alimentación, entre outros; así como proxectos de agricultura. Para a liña de sensibilización destínanse 9.800 euros.

O prazo para presentar propostas remata o 22 de novembro (15 días hábiles dende a publicación da convocatoria no BOP). Neste enlace>>> atoparedes o texto da convocatoria.