Convocatoria de proxectos no exterior dirixida a ONGD

Convoca Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Fin de prazo 31/01/2021 Ler convocatoria

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade publicou a convocatoria de proxectos de cooperación ao desenvolvemento dirixida a ONGD con sede ou delegación en Galicia e dotada con 100.000 euros. As bases contemplan posibilidades de adaptación a futuras dificultades na execución derivadas da Covid-19.

Financiaranse actuacións de ata un ano de duración, cun máximo de 25.000 euros. O Fondo Galego asumirá ata o 95% do custo total. Ademais, as propostas aprobadas levarán aparellada unha actividade de sensibilización que se deseñará a posteriori.

En canto aos países de intervención, favoreceranse os considerados prioritarios no IV Plan Director da Cooperación Galega, especialmente os de fala portuguesa. Tamén aqueles que teñan un Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) medio ou baixo e os Países Menos Adiantados (PMA).

Os proxectos deberán vincularse asemade coas prioridades transversais da Cooperación Galega, entre as que se atopan a erradicación da pobreza, a equidade de xénero, a loita contra o cambio climático, a defensa dos dereitos humanos ou o fortalecemento institucional e da sociedade civil.

O prazo para presentar propostas remata o 31 de xaneiro de 2020.

Máis información>>>