O DOG do 28 de maio ven de publicar as bases das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar proxectos de investigación e para crear grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, dirixida a grupos e centros de investigación das Universidades galegas.

Na convocatoria establécense as condicións para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para dúas categorías ou tipoloxías de proxectos diferenciadas:
1.- Proxectos de investigación que teñan como obxectivo a promoción do desenvolvemento humano e sostible
2.- Proxectos para a creación de grupos de investigación, uni ou multidisciplinares, interuniversitarios ou non, no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, que teñan como obxectivo principal a especialización na investigación en cooperación para o desenvolvemento.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información. O prazo para presentar propostas remata o 28 de xuño.