Convocatoria de proxectos de cooperación dirixida a ONGD

Convoca Deputación de Pontevedra Fin de prazo 04/11/2021 Ler convocatoria

O Boletín Oficial da Deputación de Pontevedra publicou unha convocatoria de proxectos de cooperación exterior dirixida a ONGD, a primeira destas características deste ente local. Deberán ser proxectos en países empobrecidos, que contribúan ao fomento de proxectos sociais, aliñados coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os ODS, aprobados polas Nacións Unidas en setembro de 2015.

Trátase dunha convocatoria de 45.000 euros de orzamento total na cal poden presentarse proxectos dun máximo de 15.000 euros. As as prioridades sectoriais e territoriais son as mesmas que para a Cooperación Galega, con especial énfase no enfoque de xénero.

O prazo para presentarse remata o 4 de novembro. Neste enlace>>> atoparedes toda a información.