Convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade (PCR) para persol de investigación e de administración

Convoca Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña Fin de prazo 21/03/2019 Ler convocatoria

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (UdC) abre a convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade (PCR), unha iniciativa en que o persoal de investigación (PDI) e o persoal de administración e servizos (PAS) da UdC ten a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación. Mediante este programa procúrase un proceso de reflexión desde unha vertente práctica, para implicar as persoas participantes nas liñas de traballo en cooperación para o desenvolvemento en diferentes países do sur global e no traballo que se leva a cabo desde Galicia, fundamentalmente de sensibilización.

A OCV poderá financiar varios PCC en función das solicitudes recibidas, e poderá optar todo aquel PDI ou PAS de centros propios da UdC que presente un proxecto de coñecemento dun proxecto de cooperación para levar a cabo un traballo de investigación, técnico e/ou acción-participación, que conte co apoio dunha ONGD, universidade ou calquera outro axente da cooperación, que estea a desenvolver un proxecto de cooperación nun país en desenvolvemento e que teña a súa correspondente contraparte ou socio local.

Neste enlace>>> atoparedes as bases da convocatoria. O prazo para presentar candidaturas remata o 21 de marzo.