Convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade (PCR) para alumnado da UdC

Convoca Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña Fin de prazo 22/03/2019 Ler convocatoria

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña abre a convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade (PCR), unha iniciativa en que o alumnado da universidade ten a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación. O traballo que desenvolva será validado con proxectos de fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira. Mediante este programa procúrase un proceso de reflexión desde unha vertente práctica, para implicar as persoas participantes nas liñas de traballo en cooperación para o desenvolvemento en diferentes países do sur global e no traballo que se leva a cabo desde Galicia, fundamentalmente de sensibilización.

O obxectivo da convocatoria é seleccionar estudantes de estudos propios da UDC, de nivel de grao, mestrado e doutoramento da UDC para participar nun proxecto de coñecemento da realidade e levar a cabo un traballo de investigación e/ou acción participación, que conte co apoio dunha ONGD, universidade ou calquera outro axente da cooperación que estea a desenvolver un proxecto de cooperación nun país en desenvolvemento e que teña a súa correspondente contraparte ou socio local.

Neste enlace>>> atoparedes as bases da convocatoria. O prazo para presentar candidaturas remata o 22 de marzo.