Convocatoria de programas de carácter social (0,7 % do IRPF)

Convoca Xunta de Galicia Fin de prazo 21/10/2020 Ler convocatoria

A Xunta de Galicia convoca subvencións para a realización de programas de interese xeral que atenden a fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.

As distintas liñas de actuación que prevé a convocatoria son:

  • ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica
  • inclusión social
  • promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade
  • proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade
  • actuacións destinadas á xuventude
  • actuacións destinadas ao voluntariado

Neste enlace>>> atoparedes o texto completo da convocatoria. O prazo para presentar proxectos remata o 21 de outubro.