A Fundación Galicia Europa vén de convocar dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario; formación dirixida ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.
A primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas durante os días 26 e 30 de novembro. A segunda parte terá lugar en Santiago os días 11 e 12 de decembro, para a primeira edición, e 13 e 14 decembro, para a segunda a edición.

O prazo de presentación arrinca rematará o 10 de setembro. Podedes consultar a convocatoria do DOG neste enlace>>>

Co fin de asegurar unha representación equilibrada do persoal das distintas entidades reservarase o seguinte número de plazas por cada edición:

• 7 prazas para persoal dalgunha das entidades membros do padroado da FGE: Xunta de Galicia, ABANCA, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación de A Coruña, Deputación de Lugo e Axencia Galega de Innovación (GAIN).
• 6 prazas para persoal dalgunha das entidades locais galegas.
• 4 prazas para persoal dalgunha entidade pertencente ao terceiro sector en Galicia.
• 3 prazas para persoal doutras entidades públicas ou privadas galegas sen ánimo de lucro.

Para máis información>>>