A AECID lanza a Convocatoria 2022 para Proxectos de Cooperación e Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

  • Esta convocatoria é un dos instrumentos da Cooperación Española para contribuír á loita contra a pobreza e en favor do desenvolvemento sostible, que na actualidade se orienta a frear as consecuencias da pandemia global nas poboacións máis vulnerables.

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) publica a súa convocatoria anual de subvencións para financiar proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento, incluídos os de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, que leven a cabo as Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD).

A convocatoria, que conta cun presuposto de 1 millón de euros ampliable ata un máximo de 32M – dous máis que en 2021-, diríxese a actuación co enfoque marcado pola Estratexia COVID 19, en particular, polas seguintes prioridades: salvar vidas e reforzar os sistemas de saúde pública; protexer e recuperar dereitos e medios de vida das persoas máis vulnerables; e preservar e transformar os sistemas socioeconómicos, recuperar o tecido produtivo e reforzar a gobernabilidade democrática.

 

Podes consultar o texto da convocatoria aquí.