VII Concurso de microrrelatos ‘Reconstruíndo Sociedades Inclusivas’

Convoca EAPN no Estado Español Fin de prazo 30/04/2021 Ler convocatoria

A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español (EAPN-É) convoca o VII Concurso de microrrelatos “Reconstruíndo Sociedades Inclusivas” co obxectivo de chamar a atención sobre as situacións de exclusión social e pobreza que sofren diariamente millóns de persoas e que se agravaron coa pandemia provocada pola COVID-19.

Buscan historias cun máximo de cen palabras que denuncien, describan ou chamen a atención sobre as situacións de exclusión social, os discursos do odio e a aporofobia, pero tamén valores como a solidariedade, a empatía e a loita contra a discriminación.

A prazo para presentarse remata o 30 de abril ás 23 horas.

Neste enlace>>> atoparedes as bases da convocatoria.