Aberta a convocatoria dos programas de bolsas MAEC-AECID para capacitación da mocidade do Estado español e residencias artísticas e de investigación, do curso académico 2021-2022. Estas bolsas contemplan:

  • Programa de residencias artísticas e de investigación para a Real Academia de España en Roma
  • Programa de bolsas de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas, Centros Culturais de España e na AECID.
  • Programa de bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento nos Centros de Formación da Cooperación Española en América Latina.
  • Programa de bolsas para formación en asuntos europeos no Colegio de Europa.

O programa de bolsas para a formación en cooperación para o desenvolvemento será nos Centros de Formación da Cooperación Española en Cartagena de Indias (Colombia), La Antigua (Guatemala), Montevideo (Uruguay) e Santa Cruz de la Sierra (Bolivia). O prazo de presentación de candidaturas remata o 25 de xaneiro.

Neste enlace>>> atoparedes as bases da convocatoria.

Neste outro enlace>>> atoparedes toda a información respecto á convocatoria.