Convocatoria ‘Jóvenes Cooperantes’

Convoca Agencia Española de Cooperación al Desarrollo Fin de prazo 22/06/2021 Ler convocatoria

A Agencia Española de Cooperación al Desarrollo (AECID) convoca as bolsas de Jóvenes Cooperantes para a formación da mocidade nas Oficinas Técnicas de Cooperación da AECID no curso académico 2021-2022.

O obxecto desta convocatoria é a concesión de 46 bolsas formativas de cooperación para o desenvolvemento nas Oficinas de Cooperación Técnica de América, África e Asia que se especifican no anexo VII>>>

O prazo para presentar candidaturas remata o 22 de xuño.

Neste enlace>>> atoparedes o texto da convocatoria.
Neste outro>>>, información completa sobre a convocatoria.