O DOG do 28 de maio ven de publicar a convocatoria de seis bolsas de formación para persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

O obxectivo destas bolsas é a formación de persoal especializado en materia de cooperación para o desenvolvemento e os destinos para a formación serán os seguintes: dúas bolsas na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, onde as persoas bolseiras formaranse na xestión e xustificación dos expedientes de subvencións e catro bolsas en distintas Oficinas Técnicas de Cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) de Latinoamérica ou África, nas que as persoas bolseiras poderán coñecer no terreo o funcionamento das oficinas da cooperación española.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información. O prazo para presentar as candidaturas remata o 28 de xuño.