A Agencia Española de Cooperación al Desarrollo (AECID) convoca os Programas de Bolsas MAEC-AECID de Arte, Educación, Ciencia e Cultura para o curso académico 2020-2021. Neste programa atópanse as bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento nos Centros de Formación da Cooperación Española en América Latina.

A finalidade deste programa de bolsas é contribuír á formación e especialización das persoas bolseiras no ámbito do coñecemento para o desenvolvemento no marco do Plan de Transferencia, Intercambio e Xestión de Coñecemento para o Desenvolvemento da Cooperación Española en América Latina e o Caribe (INTERCOONECTA). Este plan é a aposta polo coñecemento como ferramenta efectiva para o desenvolvemento da rexión de América Latina e o Caribe, un coñecemento capaz de fortalecer as capacidades institucionais das organizacións e facilitar melloras en políticas públicas a favor do desenvolvemento humano sustentable.

O obxecto deste Programa é conceder 8 bolsas formativas de cooperación para o desenvolvemento nos Centros de Formación da AECID en Cartagena de Indias (Colombia), La Antigua (Guatemala), Montevideo (Uruguai) e Santa Cruz de la Sierra (Bolivia).

A bolsa consistirá na participación, baixo supervisión, na actividade dos Centros de Formación; e o desenvolvemento dun estudo.

O prazo para presentar candidaturas remata o 3 de febreiro.

Neste enlace>>> atoparedes información concreta do programa.
Neste outro>>>, información completa sobre a convocatoria.