Bolsas de formación e investigación da Fundación Carolina

Convoca Fundación Carolina Fin de prazo 01/07/2020 Ler convocatoria

A Axenda 2030 é o horizonte inmediato da convocatoria de bolsas 2020-2021 da Fundación Carolina. A convocatoria ofrece oportunidades de formación e investigación en todos os campos da Axenda 2030: nas ciencias básicas e as tecnoloxías que contribuirán a implementar sistemas de produción e consumo sustentables; a facer fronte ao cambio climático e preservar a biosfera; a mellorar a actividade empresarial e afirmar a axenda de produtividade na que ha de descansar o emprego decente e o progreso material da sociedade; e nos campos social e político, a promover o cambio institucional e a innovación social, a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e no conxunto da sociedade, e con iso, a promover sociedades máis pacíficas e seguras, revitalizar a democracia e o Estado de dereito e a súa lexitimidade.

Para o curso académico 2020-2021 a actividade formativa da FC articúlase a través das seguintes modalidades: posgrao, programa de doutoramento e estancias curtas postdoutorais, programa de mobilidade de profesores , programas de bolsas e estudos institucionais

O número de bolsas e axudas ofertadas é de 822, que se desagregan da seguinte maneira:

  • 237 bolsas de posgrao
  • 96 bolsas de doutoramento e estancias curtas postdoutorais
  • 61 bolsas de Movilidad de profesores
  • 302 bolsas de estudos institucionais
  • 126 renovacións de bolsas de doutoramento

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.