Premio Internacional Jaime Brunet á promoción dos Dereitos Humanos

Convoca Fundación Brunet da Universidad Pública de Navarra Fin de prazo 30/09/2019 Ler convocatoria

A Fundación Brunet da Universidade Pública de Navarra creou en 1998 o Premio Internacional Jaime Brunet á promoción dos Dereitos Humanos co fin de promover e difundir a defensa dos dereitos humanos e para contribuír á erradicación das situacións ou tratos inhumanos ou degradantes, vulneradores dos dereitos inherentes á dignidade da persoa. Desde entón, cada ano realiza unha nova convocatoria.

A convocatoria correspondente ao ano 2019 réxese polas seguintes bases. O Premio Internacional Jaime Brunet 2019 convócase co fin de distinguir un traballo relacionado cos Dereitos Humanos e tamén unha traxectoria consagrada á promoción dos Dereitos Humanos.

A convocatoria estará aberta ata o 30 de setembro. Neste enlace>>> atoparedes as bases.