Aberta a convocatoria do Premio Natura para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e ambientais.

Neste enlace>>> atoparedes as bases do concurso así como a información detallada dos criterios de valoración que determinarán cales son os proxectos gañadores.

A dotación total do Premio poderá repartirse entre varios proxectos. O resultado do Premio Natura fallarase antes do 30 de setembro. Cada organización poderá presentar un único proxecto que non debe superar os 12 meses de duración.

Desde a súa creación en 1994, o Premio Natura repartiu 1.900.000€ a máis de 50 proxectos destinados a países de todo o mundo, sempre co fin de recoñecer o labor daquelas iniciativas que contribúen a un mundo mellor. Fronte á crecente demanda social e un cambio climático cada vez máis notorio, Natura busca fomentar aqueles proxectos de axuda humanitaria e de protección da natureza.
A convocatoria estará aberta ata o 10 de xullo.