Vídeo do coloquio online ‘Defensoras de dereitos de Centroamérica fronte á Covid-19’

Dende a Coordinadora Galega de ONGD organizamos un espazo de encontro virtual o vindeiro 11 de xuño con activistas de El Salvador, Guatemala e Nicaragua

O 11 de xuño organizamos o coloquio online ‘Defensoras de dereitos humanos de Centroamérica fronte á Covid-19’. O espazo contou  coa participación de tres activistas e defensoras de El Salvador, Guatemala e Nicaragua que compartiron como están vivindo, elas e as súas comunidades, as consecuencias sanitarias, sociais, económicas e políticas do coronavirus. Tamén, que efectos tivo a pandemia na loita pola defensa dos dereitos humanos.

Podedes ver coloquio neste vídeo.

As participantes foron:
Haydée Castillo. Activista feminista, lideresa de procesos de fortalecemento de movementos sociais de Nicaragua e exiliada política en Estado Unidos. O goberno de Ortega ilegalizó a Fundación Instituto de Liderazgo de Las Segovias, organización de defensoría dos dereitos humanos da cal é presidenta e fundadora.
Bianka Rodríguez. Activista trans e defensora de dereitos humanos de El Salvador. Presidenta e directora executiva de COMCAVIS Trans e premio Premio Nansen para as personas refuxiadas de ACNUR.
Juventina López. Activista, mediadora de conflitos e guía espiritual de Guatemala. Presidenta da Asociación Indígena Agropecuaria Prodesarrollo Integral (ASIAPRODI) en Champerico.