Lexislación
A lexislación que rexe a protección de datos das persoas usuarias da web son o Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais. Especificamente, o Artigo 12 do Regulamento (UE) 2016/679, relativo á transparencia da información, comunicación e modalidades de exercicio dos dereitos das persoas interesadas e o Artigo 13, relativo á información que deberá facilitarse cando os datos persoais se obteñan.
Responsable do tratamento
Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento (CGONGD)
CIF: G15369002 – Enderezo: Rúa Basquiños 33 1º A 15704 – Compostela
administracion@galiciasolidaria.org
Finalidade do tratamento
A finalidade do tratamento é:
- “atender as solicitudes de información ou contacto recibidas de vostede, así como manterlle informado/a das nosas iniciativas, actuais ou futuras no caso do formulario de contacto”
- “atender a sua solicitude de alta no noso servizo de newsletter no caso da subscripción a este servizo”
- “atender a súa solicitude de alta na sesión formativa”
Lexitimación
Informamos que a base legal para o tratamento de seus datos é a súa solicitude de contacto, información. Inscrición ou subscrición ao newsletter. A persoa interesada presta o seu consentimento cando cubre o formulario e envia seus datos.
Conservación dos datos
Os datos proporcionados conservaranse:
- no caso de solicitudes de contacto, durante o tempo necesario para a tramitación e resposta da consulta
- no caso de solicitude de subscrición ao noso servizo de newsletter, mentres non se tramite a súa baixa
- no caso de solicitude de inscrición en accións formativas, mentres sexa necesario para a organización da actividade.
Cesión dos datos
Os datos non se cederán a terceiros salvo que sexa necesario ou teñamos a obriga legal de cedelos.
Dereitos das persoas interesadas
Terán dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa no sexan necesarios para os fins que foron recollidos. Poderá solicitar a limitación ou oposición do tratamento de seus datos, e neste caso unicamente os conservaremos para cumprir coas as obrigas legalmente establecidas.
Non se realizan sobre as persoas usuarias decisións individuais automatizadas nin se elaboran perfís que produzan efectos xurídicos ou afecten significativamente de modo similar.
Onde exercer os dereitos
Para o exercicio de seus dereitos debe enviar un correo electrónico a administracion@galiciasolidaria.org indicando por escrito a súa petición e axuntando fotocopia de seu DNI.
Medidas de seguridade
Tendo en conta o estado da técnica, os custes de aplicación, a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así coma os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas físicas, a CGONGD aplica as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco.
Tratamento baseado no consentimento
A través da páxina web https://galiciasolidaria.org non se recolle ningún dato persoal sen o seu consentimento.
Deber de confidencialidade
De conformidade co artigo 5.1 f) do Regulamento (UE) 2016/679 a CGONGD comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os seus datos de carácter persoal e a utilizalos só para as finalidades indicadas.
Inexactitude dos datos obtidos directamente
Aos efectos previstos no artigo 5.1 d) do Regulamento (UE) 2016/679, non serán imputables ás persoas responsables do tratamento dos datos persoais que sexan inexactos con respecto as fins para os que se tratan, se vostede non exerceu o seu dereito de rectificación.
Dereito a reclamar
No caso de non estar conforme co tratamento de seus datos poderá dirixir as súas reclamacións ante as autoridades de protección de datos, neste caso, a Agencia Española de Protección de Datos.