Xornadas de Aprendizaxe e Servizo na UDC

Lugar Primeira xornada en liña e segunda xornada na Facultade de Humanidades e Documentación do campus de Esteiro (Ferrol) Organiza Oficina de Cooperación e Voluntariado Data inicio: 16/06/2022Data fin: 17/06/2022

IV XORNADAS de APRENDIZAXE e SERVIZO na Universidade da Coruña

Aprendizaxe e servizo: contribucións á construción de cidadanía global

Acceso á inscrición aquí.

ONLINE POR MsTEAMS (16 de xuño)

9:30h. Inauguración das Xornadas a cargo das vicerreitoras:

  • Nancy Vázquez Veiga. Planificación académica e innovación docente.
  • Pilar García de la Torre. Internacionalización e Cooperación

10:00h Conferencia inaugural: “A aprendizaxe e servizo como metodoloxía para traballar coa comunidade”.

  • Xus Martín. Profesora da Universitat de Barcelona.

11.00-12:00h Mesa Redonda. Aportacións á Cooperación ao desenvolvemento desde a Aprendizaxe e Servizo.

  • Silvana Longueira Matos. Profesora da USC. Grupo de Investigación “Terceira Xeración”.
  • Patricia Digón Regueiro. Profesora titular da UDC. Membro do grupo de investigación “Educación para a Cidadanía Global”.
  • María Virtudes Martín Fernández. Coordinadora e técnica do “Centro de iniciatias de Cooperación al Desarrollo” (CICODE-Universidad de Granada)
  • Xènia Domínguez Font. Técnica de proxectos no CICODE-Universidad de Granada.

12:00-12:15h. Descanso

12:15-14:00h Mesa redonda: “Fala o alumnado. Experiencias de ApS no ámbito da cooperación ao desenvolvemento”

 

PRESENCIAL. Facultade de Humanidades e Documentación (17 de xuño)

9.30-10.30 h. Conferencia: “Educando para a cidadanía global con metodoloxías activas. Propostas e desafíos”.

  • Alejandra Boni Aristizábal. Vicedirectora do CSIC da Universitat Politècnica de València.

10:30-12:00h. Obradoiro 1: Como transversalizar a educación para a cidadanía global nun título universitario? (Aula 2.1)

  • Alejandra Boni Aristizábal. Vicedirectora do CSIC da Universitat Politècnica de València.

12:00-12:45h. Pausa café e Feira de entidades.

12:45-14:15h. Obradoiro 2: Como orientar a túa materia cara a ApS (Aula 2.1).

  • Araceli Serantes Pazos. Profesora da UDC. Integrante do Grupo de investigación “Educación para a Cidadanía Global”.

14:15h Peche xornadas