Xornadas “A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030”

Lugar Vigo Organiza Universidade de Vigo Data inicio: 19/11/2018Data fin: 20/11/2018

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación da Universidade de Vigo organiza as xornadas “A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030” no marco do traballo da Rede Galega de Cooperación ao Desenvolvemento, conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

As xornadas serán o 19 e 20 de novembro na sala 1 do Edificio Miralles, no campus universitario de Vigo. As xornadas están dirixidas a persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, estudantes así como a traballadores e traballadoras de entidades sociais que teñan un interese especial na cooperación universitaria ao desenvolvemento.

Neste enlace>>> atoparedes o programa.