Xornada Desconsúmete

Lugar Compostela Organiza Greenpeace Data: 15/12/2018

O 15 de decembro o grupo local de Greenpeace en Santiago de Compostela organiza Desconsúmete!, unha xornada chea de obradoiros, palestras, concertos e poesía! na Casa do Matadoiro.

Este é o programa previsto:

10:00 h – Obradoiro de cosmética natural: pasta de dentes e bálsamo labial. Con Antonella Nina

11:30 h – Obradoiro de papiroflexia: a maxia nunha folla de papel. Con Jorge Gómez

13:00 h – Encontro con artistas: concertos e poesía. Con Laura LaMontagne, Carmen Conde, Neves Seara, Peter Brea Rodríguez, Ismael Gil Candal e máis sorpresas!

15:30 h – Palestra sobre plantas mediciñais. Con Lucía Ferreiro: enxeñeira agrícola e labrega

16:30 h – Obradoiro de bicis: aprende a arranxar a túa. Con Bicicletas Oliveira

Hai 20 prazas por obradoiro e podedes inscribirvos en: galicia.es@greenpeace.org