Tranformar o noso mundo. Estratexias feministas dende Filipinas

Lugar A Coruña Organiza Implicadas no Desenvolvemento e Oficina de Cooperación e Voluntariado da UdC Data: 27/09/2018

O xoves, 27 de setembro, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Coruña acolle a xornada Transformar o noso mundo. Estratexias feministas dende Filipinas organizada pola ONGD Implicadas no Desenvolvemento.

A Xornada, que terá lugar no salón de graos, constará de dúas partes: un obradoiro, de carácter práctico, permitirá reflexionar e vivenciar dinámicas que permitan tomar conciencia do xeito no que os movementos feministas e as mulleres traballan contra as alianzas do patriarcado e do capital. Trataranse temas como a interseccionaliade e a necesidade de artellar movementos feministas conxuntos de Norte a Sur. O obradoiro realizarase de 16 a 18.30 horas e é preciso preinscribirse>>>

De 19 a 20 horas, haberá unha conferencia aberta ao público na que falará a activista Daryl Leyesa e na que algunhas das participantes do obradoiro compartirán co público o traballo feito e a importancia de afondar nos contidos da cooperación dende os feminismos.

Para máis información>>>