Semana Galega de Loita contra as Fronteiras ‘Lei de Estranxeiría: exclusión e violencia’

Lugar A Coruña, Compostela e Vigo Organiza Foro Galego da Inmigración Data inicio: 10/12/2019Data fin: 14/12/2019

A VII Semana de Loita contra as Fronteiras desenvolverase entre o 10 e o 14 de decembro baixo o lema ‘Lei de Estranxeiría: exclusión e violencia’.

Desta volta, visibilizaranse as vulneracións de dereitos que esta normativa conleva, xerando barreiras, exclusións e violencias sobre as vidas das persoas migrantes. Atentando polo tanto contra súa dignidade e lexitimando a exclusión,a explotación e a violencia como mecanismos de control.

Da mán de Julia Castillo Condori/ Warmi Kusisita ofereceremos unha ollada á Lei de Estranxeiría desde as loitas contra o patriarcado, o racismo e o colonialismo. A nosa convidada é muller aymara, integrante do Movimiento Migrante- Comunidad Feminista Antirracista e da Escuelita Antirracista y Antipatriarcal (Valencia).

O programa componse de actividades en Compostela, Vigo e Coruña dirixidas a abordar as exclusións e violencias exercidas sobre as mulleres e persoas migrantes e as loitas e resistencias que se están articulando contra o racismo institucional e social, o patriarcado e o colonialismo. Julia Castillo/ Warmi Kusisita tamén nos convida a repensar as prácticas feministas desde o vivir ben, a memoria e a comunidade, para construír un feminismo emancipatorio para as mulleres e os pobos.

A programación, aínda pendente de confirmación, será a seguinte:

Para máis información>>>