I Concurso de vídeos de curta duración ‘Respecto en Rede’

Organiza Ecos do Sur Data inicio: 18/09/2019Data fin: 14/11/2019

ONGD Ecos do Sur, dentro do proxecto CibeRespect, organiza o I Concurso de vídeos de curta duración ‘Respecto en Rede’, centrado na loita contra os discursos de odio, racistas ou xenófobos a través da creación audiovisual.

Os vídeos poden enviarse ata as 14:00 horas do 14 de novembro. Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas residentes en Galicia, de 14 anos en diante, presentando un ou máis vídeos orixinais de entre 30 e 120 segundos de duración.

O ton e a técnica serán libres e o contido debe enfocarse á loita contra os rumores, os prexuízos e o discurso de odio. Por exemplo:

  • Ideas para combater as mensaxes racistas e xenófobos nas redes sociais.
  • Contido que favoreza a superación do rumores, os bulos e a desinformación sobre as persoas migrantes e refuxiadas.
  • Contido a favor do diálogo e o encontro entre as culturas.
  • Contido que defenda a diversidade e os Dereitos Humanos.

O certame está dotado cos seguintes premios:

  • Categoría Respecters (de 14 a 17 anos): cheque regalo por valor de 500 euros e material audiovisual.
  • Categoría Fighters (máis de 18 anos): 1.000 euros en efectivos e material audiovisual.
  • Premio Especial do Público: 250 euros

O prazo para presentar candidaturas remata o 14 de novembro.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.