Participa nas actividades do Compostela+Solidaria

Lugar Compostela Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data inicio: 02/04/2019Data fin: 13/04/2019

A Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago poñemos en marcha a IV edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización que se levará a cabo do 2 ao 13 de abril en distintos espazos da cidade. Ao longo de dúas semanas programaranse obradoiros, charlas, unha mostra de curtas sociais, xogos, actividades de rúa, contacontos, etc. actividades coa que a cidadanía compostelá terá a oportunidade de coñecer de que forma se pode ‘mudar o mundo’ dende o día a día.

Neste enlace>>> atoparedes o programa completo.