Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en Galicia: O papel da sociedade civil organizada

Lugar Compostela Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data: 04/10/2018

Dende a aprobación da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a sociedade civil organizada galega non fixo unha reflexión conxunta para decidir que papel queremos ter na implementación e impulso da Axenda en Galicia.

Por este motivo, o vindeiro 4 de outubro, dende a Coordinadora organizamos unhas xornadas en Compostela que servirán para respondernos, conxuntamente, algunhas preguntas: para que serve a Axenda ás organizacións da sociedade civil? Cal debería ser o noso papel no seu impulso? Con quen e como deberiamos tecer alianzas para conseguilo? Que se está facendo noutros territorios?

A xornada combinará unha primeira parte expositiva, aberta a público, que contará coa participación de distintas organización e representantes institucionais; e unha sesión de traballo interno, reflexión e posta en común dirixida ás ONGD socias da Coordinadora.

Neste enlace>>> podedes consultar o programa.

Neste outro enlace>>> podedes inscribirvos ata o 30 de setembro.