Obradoiros ‘Desconsúmete’

Lugar Compostela Organiza Greenpeace Galicia Data: 14/12/2019

Chega por terceiro ano consecutivo Desconsúmete, un evento organizado por Greenpeace en Compostela que busca amosar alternativas de consumo nunhas datas marcadas polo consumismo.

Os distintos obradoiros terán lugar o sábado 14 de decembro ás 16:00. Podedes inscribirvos en galicia.es@greenpeace.org para reservar algunhas das prazas limitadas.