III Mostra do Posible

Lugar Cangas do Morrazo Data inicio: 05/10/2019Data fin: 06/10/2019

A Mostra do Posible de Cangas do Morrazo é un encontro de entidades de economía solidaria e movementos sociais mediante o que se quere visibilizar que existen alternativas para construír un mundo máis xusto.

Por unha banda, as empresas de economía solidaria están confecionando potentes ferramentas de transformación colectiva, que buscan cooperar en lugar de competir e poñen ás persoas no centro. A economía solidaria fai posible que hoxe en día podamos satisfacer parte das nosas necesidades cotiás contribuíndo a creación dun mundo máis xusto e solidario. Por outro lado, os movementos sociais buscan influír na toma de decisións sobre o que é de todas, defendendo que outro tipo de políticas públicas é posible. Ademais, nos movementos sociais reside a creatividade e a experiencia de outros xeitos de organización colectiva.

A terceira edición terá lugar en Cangas o 5 e 6 de outubro do 2019. As persoas que forman parte dun movemento social ou dunha empresa de economía solidaria, ou que estean interesadas en asistir e participar, poden inscribirse  aquí>>>>.

As persoas interesadas en propor algunha actividades para realizar na MdP19, o prazo remata o 6 de setembro de 2019. Para reservar un espazo na Feira de Colectivos da MdP19, o prazo remata o 20 de setembro de 2019.

Para máis información>>>>