Marcha por un espazo libre de minas

Lugar Touro Organiza Plataforma Mina de Touro – O Pino NON Data: 20/01/2019

O 20 de xaneiro, a Plataforma Mina de Touro – O Pino NON convoca unha marcha ‘Por un espazo libre de minas’. Percorrerase o Camiño Real da Feira que une os concellos de Touro e O Pino e que, segundo o proxecto mineiro, se vería danado. Son 4 quilómetros de escasa dificultade, un roteiro apto para toda a familia.